Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

IGLESIAS NIMO, MANUEL (Noia, Século XX)

Ademais de diversos traballos nos xornais, é autor do relato “O enterro de Mambrú”, que foi premio Pedrón de Ouro en 1986, acadando un accésit no mesmo certame en 1991 co relato “O mar despois da neve”, sendo ambos os dous, relatos que xiran ao redor do sexo e da morte. En 1989 foi premiado no V Certame Literario Rodríguez Cadarso, polo relato “O país do arco da vella”, que foi publicado no volume colectivo Relatos (1990). De novo en 1992 gaña un accésit no certame Modesto R. Figueiredo co relato “Clave de sombra”, voltando a ser premiado en 1993 por “Esquencer Bohemia”. Outro relato do autor é “Os silencios de Max” (1991). Na revista noiesa <Casa da Gramática> apareceu o seu relato “A morte de Mickey Mouse” (nº 4, 1999).