Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

LAMAS VARELA, LUÍS (Noia, 24/08/1841 – 1895)

Avogado, foi maxistrado do Tribunal Supremo, e tamén deputado por Noia na lexislatura de 1886 a 1889 e senador pola Coruña en 1893 - 1894, e mercé ás súas xestións construíuse o malecón da Pobra do Caramiñal. A súa obra máis importante é Nuevo manual de Derecho, en dous volumes, que acadou unha segunda edición en 1873. En 1878 apareceu a súa obra Nuevo manual de Derecho Mercantil y Derecho Eclesiástico e un Novísimo manual de Derecho.... Entre os seus artigos especializados pode citarse “Influencia de las pasiones en la imputabilidad de los delitos”, publicado en <La Gaceta del Ministerio Fiscal>.