Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

LANDEIRA Y SEVILLA, FRANCISCO (Ribeira, 23/05/1804 – Lorca, Murcia, 15/09/1876)

Irmán do alcalde ribeirense José Landeira Sevilla, que gobernou esta vila no bienio 1860 – 1861, foi bispo de Murcia dende 1861, publicou as súas Cartas pastorales correspondentes aos seus anos de pontificado. Senador vitalicio e polemista reaccionario, foi correspondente da Real Academia Española. Antes fora bispo de Teruel e estivera proposto para a sé da Habana. Asistiu ao Concilio Vaticano I. Foi Nobre Romano, Prelado Doméstico do Papa e Asistente do Sacro Solio Pontificio.
Algunhas das súas pastorais apareceran impresas nas dióceses das que foi bispo, como é o caso da Carta pastoral del Ilmo. Sr. Don Francisco Landeira y Sevilla al clero y pueblo de su diócesis, impresa en Teruel por A. Zarzoso en 1853 ou das impresas en 1850 e 1854.