Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

LÓPEZ RODRÍGUEZ, DANIEL (Noia, 20/10/1884- Madrid, ?)

Xornalista, especialista en facenda, Director Xeral do Timbre, empregou o pseudónimo “Fantasio” para as súas colaboracións xornalísticas e co pseudónimo “López Orense” publicou dúas novelas: El placer de amar (Madrid, Impr. Bernardo Rodríguez, Biblioteca Ateneo, 1909) e El camino de la dicha (Madrid, Renacimiento, 1912).

Para o teatro adaptou a súa primeira novela, en colaboración con Linares Becerra, que se estreou co título El buen amor.
Deixou inéditas outras novelas, unha delas titulada Vida de Juan Roberto.

Agrelo Hermo e Hermida Iglesias anotan como a data do seu nacemento o ano 1859 e din que foi senador en 1923, mais que non chegou a tomar posesión por mor da proclamación da dictadura de Primo de Rivera.

Co seu pseudónimo “Fantasio” reseñou varias obras de Valle: “Romance de lobos” (<Diario Universal>, Madrid, 22 – 03 – 1908), “Aromas de leyenda, por Don Ramón del Valle-Inclan” (Ibid., 03 – 11 –1907), ademais do artigo “Conversaciones literarias: las ideas políticas del señor Valle-Inclán” (Ibid., 01 – 01 – 1908).
Agrelo e Hermida Iglesias anotan o ano 1859 como o do seu nacemento.