Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

LORENZO SÁNCHEZ, Antonio (Ribeira, 07/03/1920)

Anotado no Rexistro Civil como Antonio Constantino Ramón Lorenzo Sánchez, nacido o 7 de marzo de 1920 ás 07:00 horas. Fillo de Jaime Lorenzo e Dolores Sánchez González, o primeiro natural de Muxía e a nai natural de Arzúa. O pai era Garda Civil e Comandante do posto de Ribeira nesas datas.

Na partida de nacemento do Rexistro Civil figura unha nota marxinal que indica que modificou o apelido á De Lorenzo Sánchez en 1959, a través do Rexistro de Vallecas.

Participou, vinculado a grupos galeguistas, na vida cultural de Madrid e foi autor dun traballo sobre Curros Enríquez.