Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

MARIÑO CAROU, MARÍA (Noia, 1907 - Parada do Courel, 1967)

Casada cun mestre destinado no Courel, a paisaxe dese lugar influirá fondamente na súa poesía. En vida publicará só o volume Palabra no tempo (Lugo, Celta, 1963), prologado por Otero Pedrayo. En 1990 aparecerá Verba que comeza. A súa poesía é rupturista no plano da linguaxe e dunha grande fondura existencial. A súa Obra Completa apareceu en 1994 (Vigo, Xerais de Galicia). A súa poesía está presente en moitas antoloxías, entre as que se pode citar a preparada por Anxo Angueira La poésie galicienne de 1936 à 1990 (Namur, Sources, 1999).

Do seu libro Palabra no tempo é este texto:

Cruceiro
Entre o cruceiro vou indo e del non me sei volver.

Somos terra de cruceiro,
somos coroa esquecida,
somos bágoa doutro peito.