Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

MARIÑO DE LOBERA, JUAN (A Pobra do Caramiñal, século XVII)

Non é propiamente un escritor, senón un escribán da vila do Caramiñal, pero do que se editou en 1617 o seu testamento, en Santiago, no que fai unha fundación no convento franciscano de San Antonio do Xobre. Este folleto editouse co título Clausulas del testamento que Juan Mariño de Lobera, escriuano de la villa del Caraminal, y Maria Teygelino la vieja su muger, otorgaron en la dicha villa en primero de febrero del año pasado de seiscientos y diez y seis por ante Pedro Fernandez de Francos escriuano. Este folleto consérvase no Arquivo de Bens Nacionais, entre os documentos que fan referencia ás fundacións do convento do Xobre.

É posible que estivese ligado por parentesco a Pedro Mariño de Lobera (ca. 1525 – 1584), pontevedrés que estivo casado con Constanza Mariño Marinas de Lobera, establecido en Chile e autor da Crónica del Reino de Chile, que non foi publicada ata 1864.