Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

MOSTEIRO, CARLOS (Santo Andrés de Xeve, 1956)

Aínda que non é natural da Pobra do Caramiñal, leva xa varios anos destinado coma mestre nesta vila e nela ten o seu domicilio familiar. En 1999 publicou un libro de relatos para rapaces que leva por título o do primeiro deles, O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande (Vigo, Galaxia, Sete Mares).

No ano 2001 gañou o Premio Abril de narrativa, que se convoca nas diferentes linguas do estado español máis o portugués, coa novela Manual de instruccións para querer a Irene, editada en varias linguas, en galego saiu co selo editorial de Galaxia.