Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

NEIRA PÉREZ, XOÁN MANUEL (A Pobra do Caramiñal, 20/08/1971)

Licenciado en Estudos Eclesiásticos e en Teoloxía Dogmática pola Universidade Pontificia de Salamanca, en 1998 publicou o volume As Confrarías dos Clérigos da Concepción na Diócese de Santiago (Noia, Toxosoutos), no que estuda a presenza de tales confrarías nas vilas de Noia, Pobra e Santiago dende o século XII ao XVI.

Ademais colaborou con algúns artigos no xornal <La Voz de Galicia>, na edición do Barbanza, como é o caso do titulado “El Carmen de los Pincheiros tuvo su máximo esplendor en el siglo XIX” (05 – 07 – 1994).