Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

NIETO CAAMAÑO, ISOLINO (Lousame, 24/02/1934)

Colaborador da revista <Foro Gallego>, publicou Recopilación legislativa y doctrinal (1971), así como Apuntes (1974) e Contestaciones, cuestionarios oficiais para os exames da súa especialidade.

Cultiva tamén a poesía en lingua española, eido no que é autor do poemario Valle-Inclán y Xacobeo. Poemario de chispas (Noia, autor, 1996), prologado por Xulio Valcárcel e que está formado principalmente por sonetos, o primeiro dos cales se titula “Valle-Inclán”. Todas as composicións están referidas á obra de Valle-Inclán, particularmente á Sonata de primavera, Sonata de estío, Jardín Umbrío e La corte de los milagros. Contén tamén os traballos en prosa “En el Barbanza de Valle-Inclán”, publicado orixinariamente na revista <Lúa Nova> en 1994 e “Paraíso barbanzano” publicado previamente en <Galicia en Madrid>. Na revista noiesa <Alameda> apareceu “A paz que disfrutamos” (nº 6, 2001).

Outras obras súas son as tituladas Ternuras, Chazarel. Sonetario de Los Pazos de Ulloa e Orolín del Pazo. Notario y torero (novela).