Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

NIETO, JUAN (A Pobra do Caramiñal, Século XVII)

Aínda que probablemente non era natural do Barbanza, foi superior do convento de San Antonio da Pobra durante varios anos. Escritor ascético moi coñecido no século XVII e autor de dúas obras tituladas Cartilla de educación para los novicios que toman el hábito de N.P.S. Francisco en esta Provincia de Santiago. Sacada de la doctrina de N. Seráfico Doctor S. Buenaventura, que se debeu editar en Salamanca antes de 1683 e da que se conservan edicións na mesma cidade de 1697, 1715, 1739, 1784 e 1823 (Salamanca, Impr. Nueva de Martín), edición que apareceu co título Cartilla de educación para los novicios de la Provincia de Santiago de la Regular Observancia de S. Francisco. Sacada de la doctrina de el Seráfico Doctor S. Buenaventura. Por el V. P. Fr. Juan Nieto, Maestro de Novicios mucos años en el convento de S. Francisco de Salamanca. Ilustrada y añadida en sus Capítulos con ceremonias, estilos y costumbres, y la santa Regla en romance, por Religioso devoto de dicho V.; Alibio de sacerdotes (Salamanca, 1683), obra que reeditou logo co título longuísimo de Manojito de flores cuya fragancia descifra los misterios del oficio divino y misa, da esfuerzo a los moribundos, enseña a seguir a Cristo y ofrece seguras armas para hacer guerra al demonio, ahuyentar las tempestades y todo animal nocivo, con otras curiosidades que se hallarán en la tabla que va al fin, da que se coñecen unha vintecinco edicións en Salamanca. Aínda no século XX saíron volumes inspirados no do Padre Nieto, como é o caso, por exemplo, do volume Manojito de flores selectas, de Juan Lladó Santacreu (Barcelona, 1940).