Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

NOVO SALGADO, ANTONIO (Teo, 1947 – Ribeira, 1999)

A comezos da década dos sesenta trasládase á cidade de Ribeira, onde se dedicará ao negocio da hostelería, eido ao que se refiren os seus volumes A barra por dentro (1995), Vocabulario de cócteles (Santiago, Xunta, 1991) e O libro dos cócteles galegos (Santiago, Xunta, 1993).

O máis interesante do seu labor é o recordo de personaxes populares da súa vila de adopción, que recollen anécdotas de todos aqueles personaxes famosos na memoria do pobo ribeirense. En 1994 publicou Contos verdadeiros, en 1997 aparece Ilustres anónimos. Historias verdadeiras I (A Coruña, Galinova) e nese mesmo ano Ilustres anónimos. Historias
verdadeiras II.

Colaborou tamén nas sección comarcal “Barbanza” do xornal <La Voz de Galicia> con artigos coma o titulado “O moneco travestido” (08 – 01 – 1995).

Sen dúbida, o seu libro de semblanzas máis interesante para os ribeirenses e para todos os habitantes do Barbanza é Contos verdadeiros. 10 personaxes que non precisan autor (1994), no que recolle semblanzas de personaxes da súa vila de residencia xa míticos na memoria dos seus concidadáns, como é o caso de Saavedra, Ramón Púa e Parada.