Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

OTERO SÁNCHEZ, PRUDENCIO (1848 – 1938)

Vinculado á Pobra do Caramiñal, vila na que posuía o Pazo do Colo de Arca, tivo amizade e parentesco con Valle-Inclán, ao que lle pediu un prólogo para a súa obra España, patria de Colón (Madrid, Biblioteca Nueva, 1922), pero que non se atreveu a publicar polas ácidas críticas de Valle cara aos galegos, prólogo que non se editou ata marzo de 1987, cando o publicou Rafael Landín Carrasco. En embargo si puxo Prudencio Otero á fronte da súa obra unha breve carta de Valle:

“Querido Prudencio:

He leído la trova Memorare novissima tua y otras canciones atribuídas al almirante e insertas en el Libro de las profecías. Yo soy lego en estos achaques de erudición y no sé si está en duda la paternidad de estas canciones. Pero a lo que yo alcanzo, ni por léxico ni por la construcción parecen de extranjero. No deja de ser extraño que el Almirante haya olvidado de modo tan cabal el italiano, y que, sin embargo, aparezcan en algunos de sus escritos modismos luso-galaicos.

Te estrecha la mano tu pariente.
Valle-Inclán”


A obra de Otero sostén a tese da orixe galega de Colón, tema moi polémico na época e sobre o que existe abundante bibliografía galega, e tema no que foi precursor o pontevedrés Celso García de la Riega (1844 – 1914) coa súa obra Colón español. Su origen y patria (1914). Outros galegos defenderon con ardor esta tese do Colón galego, entre eles Constantino Horta y Pardo, morto en 1923, autor de La verdadera cuna de Cristóbal Colón, Luís E. Rey, José Rodríguez Martínez, autor de Colón español, hijo de Pontevedra (A Coruña, 1920).

Valle-Inclán, chega a verquer expresións coma estas:

“Lo indudable, es el alma gallega que lleva en su almario, el Almirante: Era solapado y tenaz: Amigo del dinero, y cruel en el mando: Receloso y envidioso. ¡Y tan desconfiado, que dondequiera sospecha traiciones! Su iluminismo práctico, parece de entre Miño y Sil”.

O prólogo de Valle-Inclán, trala publicación feita por Rafael Landín, está reproducido na obra de Valle Varia (Madrid, Espasa-Calpe, 1998).

Lanza Álvarez, non moi fiable nos datos, anota que naceu en 1846 e que a primeira edición da súa obra é de 1911.