Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

PÉREZ BESADA, JESÚS VICENTE (Ribeira, 14/04/1949)

Catedrádico de Historia no Ensino Medio, dedicou ensaios en lingua galega a figuras do Barbanza como Sotomayor ou Fersen. Tamén en castelán é autor de traballos divulgativos sobre temas históricos no xornal <La Voz de Galicia>, como o dedicado a Fersen co título “Una vida plena perdida en el olvido” (27-11-1994).

Codirector da revista <Estudios Sociais do Barbanza> que apareceu en febreiro de 1992, e da que saíron catro números ata nadal de 1994, nela publicou os interesantes traballos: “J. Sotomayor. Unha vida para a revolución” (nº 2, setembro, 1992), “A propósito dunha controversia: a presencia de Lustres Rivas en <A Nosa Terra>” (nº 3, xullo, 1993).

En 1999 prologou a reedición do libro do comandante J. Soutomaior, en tradución ao galego, cun traballo titulado “Unha vida para a revolución” (Vigo, Galaxia, 1999).