Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

PÉREZ GÓMEZ, JOSÉ JUAN. (A Pobra do Caramiñal, 13/01/1891 – Bos Aires, 1947?)

Importante xornalista na preguerra co pseudónimo “Caramiñas”, colaborou en moitos xornais e revistas galegas como <Vida Gallega>, <Faro de Vigo>, <El Pueblo Gallego> , entre outros moitos. E nos xornais madrileños <El Imparcial> e <El Sol>.
Nacera na rúa de Rivera na parroquia do Caramiñal, vila na que publicou o volume Sonata (1919), de xinea modernista, que Couceiro Freijomil califica de escesivamente naturalista, o que probablemente quere dicir que é poesía amatoria. O libro foille dedicado a Valle-Inclán nun poema aparecido en <Vida Gallega> (“Al gran D. Ramón del Valle-Inclán”, nº 132, 05 – 09 – 1919). A obra é de dificilísima localización, e probablemente saíu do prelo na imprenta dos sucesores de Vicente García Millán, situada no número 15 da rúa Gasset, imprenta da que Caramiñas era administrador.

Exiliado trala Guerra Civil (era irmán do derradeiro alcalde republicano da Pobra) sobreviviu na Arxentina en medio de graves dificultades económicas e, segundo testemuño de Carmen Muñoz, intentou suicidarse en 1946, falecendo meses despois dun cancro de pulmón. En Bos Aires publicou varios libros divulgativos co pseudónimo “José Barbanza”, entre eles as biografías San Ignacio de Loyola e Juana de Arco. Co pseudónimo “Juan Caramiñas” fixo unha adaptación dos Viajes de Marco Polo, ademais dunha adaptación de Oliver Twist de Charles Dickens. Tamén co primeiro dos pseudónimos publicou as obras divulgativas Animales prehistóricos e Psicología animal. Todas estas obras saíron nas coleccións da editorial Atlántica que dirixía o seu amigo Rafael Dieste.

Foi tamén narrador, eido no que publicou a novela Margarita de Asís e deixou moitas poesías espalladas en xornais como <Galicia>, o xornal dirixido por Paz-Andrade en Vigo nos anos vinte.

Na Guerra Civil foi moi coñecido o seu poema a prol da República titulado “¡Pueblo inmortal de España!”, que se publicou na revista <Galicia> de Bos Aires.

O xornalista Manuel de la Fuente reproduciu un interesante poema de Caramiñas datado en 1920 que merece a pena recordar:


Yo busco en mi romántico delirio
a la mujer que vive en mi quimera:
pensamiento, violeta, rosa y lirio
en el fondo auroral de primavera.

Pero en vano me inquieto con mi anhelo,
que no alcanza mi ensueño su fortuna.
Nuevo Pierrot, sólo mirando al cielo,
a veces me enamoro de la luna.

Mujer de luz y melodía casta,
de mayo, de crepúsculo, de estrellas...
¡Ay! a mi afán de perfección no basta
el nardo y rosa de las carnes bellas.

No xornal <Galicia> publicou varios artigos nos anos 1923 e 1924, dos que podemos citar: “Retazos. Un consejo al Sr. Gasset”, (nº 229, 19 – 04 – 1923), “La niña clorótica y el grano” (nº 231, - 21 – 04 – 1923), graciosa sátira sobre a política local da Pobra, “En torno a Ramón Cabanillas” (nº 351, 16 – 09 – 1923), entre outros. En 1924, no nº 447 do seis de xaneiro publicou o poema “Visión nocturna”, dedicado a Compostela, que é un dos mellores dos seus, e que reproducimos:

En los claros de nubes
rutilan las estrellas,
la luna, de oro pálido,
dulce, fría y serena,
cuelga en la fronda móvil
sus impalpables sedas,
resbala por las místicas
y blasonadas piedras
de los viejos santuarios,
que evocan la pretérita
esencia de una época
ilustre y milagrera.
Las cúpulas rotundas
y las torres enhiestas
levántanse en la noche
fantásticas, austeras,
plateadas por la luna,
extáticas, eternas,
como un rezo de siglos,
de una oración de piedras.
¡Rúas compostelanas,
sonoras callejuelas,
en la paz de la noche,
bajo un cielo de estrellas,
doradas por la luna
dulce, fría y serena!...
En el silencio místico,
que húmedo aroma inciensa,
entre los soportales,
bajo las altas rejas,
que alucinante plata
lunar cándida besa,
con el arcaico ritmo
de voces romancescas,
las voces seculares
llenan la ciudad muerta,
y fantasmales sombras,
entre las sombras yerran.

Anunciara outro poemario, titulado Jardín nostálgico, do que adiantou tres poemas na revista viguesa <Vida Gallega>, en 1920. Entre 1935 e 1936 administrou a liña de transporte entre a Pobra e Noia.