Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

RÍOS PÉREZ, JUAN MANUEL (Escarabote, Boiro, 1952)

Mestre e licenciado en Pedagoxía colaborou na prensa galega e no xornal madrileño <El Imparcial>, así como en programas educativos da cadena Cope.

En 1984 o Concello de Boiro editou a súa obra Boiro, Concejo Gallego. Trátase dunha breve historia do citado concello, á que se engaden descricións de igrexas, cruceiros, pazos e outras noticias etnográficas e sociolóxicas, así como unha breve semblanza de varios boirenses ilustres.

Outras publicacións da súa autoría son Estudio comparativo de la educación de adultos a distancia en Francia, Alemania y Reino Unido y diseño de un modelo español (Madrid, 1992); Nuevolector (Madrid, 1996), libro de texto para a educación de novos lectores adultos; Cuaderno de bitácora (Madrid, 2003), ademais do CD-ROM educativo “126 aplicaciones Clic para educación infantil, primaria y secundaria” (Madrid, 1999).