Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

RODRÍGUEZ CADARSO, ALEJANDRO (Noia, 21/08/1887 – Lubián, 15/12/1933)

Catedrático de Anatomía Descritiva da Universidade de Santiago dende 1916, foi Reitor desa Universidade dende 1930. En 1931 fundara o Instituto de Estudos Portugueses. Promoveu en Galicia o labor das Misións Pedagóxicas.

Autor de máis dunha vintena de traballos científicos en castelán, francés e inglés entre os que se poden citar “Notable anomalía en la constitución del plexo sacro” (<Clínica y Laboratorio>, Zaragoza, 1910), “Sur une nouvelle varietè de muscle carre pronateur” (<Archives d’Anatomie, d’Histologie et d’Embriologie>, Estrasburgo, 1924), “A rare case of tortuosity of the internal carotid artery” (<Journal of Anatomy>, Londres, 1925), entre outros moitos.

Membro numerario da Real Academia Galega, morreu en accidente de automóbil sen rematar o seu discurso de ingreso nesa institución sobre El conde de Traba.

En 1925 publicou en Lisboa o folleto El método radiográfico en las investigaciones sobre topografía cráneo-encefálica.
Cadarso fora membro da Societé Anatomique de París dende 1925, do Instituto de Coimbra, Presidente do Comité Rexional da Asociación Española para o Progreso das Ciencias, fundador e codirector perpetuo da Sociedade Luso-Hispanoamericana de Anatomía, membro das sociedade das Sciencias Médicas de Lisboa dende 1916, entre outras institucións. Fora discípulo do anatómico de Lousame Romero Blanco, ademais de ocupar cargos políticos, pois foi deputado pola O.R.G.A. nas dúas primeiras lexislaturas da República.

Outras obras científicas do profesor Rodríguez Cadarso son “Sobre el canal de torsión del húmero y algunos datos de contribución al estudio del radio” (<Clínica y Laboratorio>, Zaragoza, 1911), “Contribución al estudio del omóplato” (Ibidem, 1911), Mastoiditis y trepanación (Madrid, 1911), que foi a súa tese doutoral, “Ganglio linfático aberrante en la cara posterior del antebrazo” (<Galicia Médica>, 1914), “Algunas reflexiones sobre el desarrollo de las arterias de la pierna con motivo de una variedad rara” (<Arquivo de Anatomia e Antropologia>, Lisboa, IX, 1925), “Ectopie coecale” (<Bulletins et Memoires de la Societé Anatomique de Paris>, 1925) e “El método radiográfico en las investigaciones sobre topografia cráneo-encefálica” (Lisboa, 1925), sen que estes traballos esgoten o listado das súas obras.

Foi deputado pola ORGA nas primeiras Cortes da República, voltando a ser reelexido nas seguintes eleccións.