Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

RODRÍGUEZ DE FRAGA Y FRAGA, ANTONIO ( Porto do Son, 12/02/1880 – Bos Aires, 1958)

Avogado e ensaísta, foi membro correspondente da Real Academia Galega e colaborou con artigos e ensaios na prensa galega da Arxentina. Entre os seus artigos pode citarse “De los celtas, no”, publicado no xornal <Correo de Galicia>. Emigrara a Arxentina en 1909.

Alberto Vilanova anota como data do seu nacemento o ano de 1888.