Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

RODRÍGUEZ MILLARES, ANDRÉS (Noia, 1893 – 1978)

Emigrado en Cuba, promoveu na illa antillana a revista <Colonia Española>, na que publicou varios traballos. Tamén á súa iniciativa se debeu a fundación en Guantánamo do xornal <El Diario de la Noche>.

Á súa volta a Noia codirixiu a revista <Tapal>, na que empregou, entre outros, os pseudónimos “Segundo Armenteros”, “Onelia Borrel” e “Inciarte”. Fundara tamén o <Boletín de la Sociedad Liceo>. En 1983 editouse en Noia pola Sociedad Liceo e polo Banco de Bilbao o folleto Escolma de traballos.