Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

RODRÍGUEZ SAAVEDRA, JOSÉ (Ribeira, Século XX)

Autodidacta, coñecido polo seu segundo apelido, foi un magnífico deseñador e constructor de barcos, sendo ademais autor dunha novela publicada en 1961 co título Pandilla de eminencias (Vigo, Numen) da que Novo Salgado destaca que fai referencia á súa estancia en Huelva e que ten por protagonistas aos hóspedes dunha fonda desa cidade, case todos de orixe galega.
Velaí o comezo do prólogo da súa novela:

“Siempre fue condición mía aprovechar cualquier cosilla que encontrara tirada en el suelo, por ejemplo: un clavo, un fósforo, un botón, trocitos de metales, etc., etc. Y lo mismo pensé desde que llegué a tener el discernimiento mental a punto de madurar que, así como guardaba los desperdicios materiales, igualmente podía aprovechar las partículas intelectuales (que a veces también andan tiradas) y que se me presentaran a mi alcance, durante mi vida y mis quehaceres por el mundo”.