Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SABORIDO SOLER, MANUEL (Noia, 1874 - ?)

Traballou no Concello de Madrid dende 1890 e en 1920 acadou a Xefatura da sección de Fomento desa Corporación, representado ademais ao Concello madrileño en congresos nacionais e extranxeiros. Ademais foi tesoureiro e vicepresidente do Centro Galego de Madrid e tesoureiro do Círculo de Bellas Artes da capital do Estado.

Especialista en cuestións municipais é autor das obras: Formularios municipales, adaptados al Nuevo Estatuto y Reglamentos (Madrid, 1924), Las corporaciones municipales y el problema de las Casas Baratas (Madrid, 1928), así como traballos publicados na <Revista de los Tribunales>.