Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SAMPEDRO ORELLÁN, DOMINGOS (Artes, Ribeira, 04/05/1968)

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, traballa como xornalista en <La Voz de Galicia>, xornal no que ademais dos labores de redacción, que realizou durante algún tempo na edición do Barbanza, asinou columnas de opinión e algúns reportaxes, coma o titulado “El hijo olvidado de Boiro” (“20 – 01 – 1998), sobre o escritor boirense Celestino García Romero. Outro artigo seu de interese é o titulado “La industria conservera tuvo un papel relevante en Pobra a principios de siglo”, publicado no xornal citado o 16 de agosto de 1997, coa sinatura “D.S. Orellán”. En <El Correo Gallego> publicou unha serie de artigos divulgativos sobre o patrimonio arquitectónico da Pobra, dos que se poden citar: “La casa de Aguiar perdió su fisionomía plateresca del siglo XVI” (25 – 02 – 1996) e “Los continuos añadidos atestiguan la configuración de la iglesia del Deán” (10 – 12 – 1995).

En 1999 publicou, en colaboración con J. Rodríguez e Enrique G. Souto, o volume El laberinto gallego. Crónica de las elecciones municipales del 99 (A Coruña, La Voz de Galicia, Biblioteca Gallega).