Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SANLÉS MARTÍNEZ, RICARDO (Palmeira, Ribeira, 01/12/1916)

Frade mercedario, ocupou, entre outros cargos na súa Orde, o de Bibliotecario do Mosteiro de Poio. Autor dunha abundante obra erudita publicou, entre outras, as obras Manual de los Capítulos Provinciales (Madrid, 1966), In memoriam (Madrid, 1970), Trayectoria misionera de la Merced en la conquista de América (Madrid, 1971), Nuevos documentos para la vida de Vicente Espiner (Madrid, 1973) e Aviamento y catálogo de misioneros a Indias y Filipinas en el siglo XVI (Madrid, 1979).