Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SANTOS REGO, MIGUEL ANXO (Xuño, Porto do Son, 1955)

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, é Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, na área de Teoría e Historia da Educación. Entre 1994 e 1998 foi Vicerreitor de Profesorado, pasando logo a dirixir o Instituto de Ciencias da Educación e, ademais, é membro do Consello Escolar de Galicia.

Autor de numerosas publicacións no campo da Pedagoxía, entre as que se poden citar Teoría y práctica de la educación intercultural (1994), Política educativa en Europa después de Maastrich (Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública, 1997), Pedagoxía dos valores en Galicia (2000) e Inmigración e acción educativa en Galicia (Vigo, Xerais, 2003), este último en colaboración con María do Mar Lorenzo Moledo.

Colabora tamén en revistas da súa especialidade con diversos traballos: “Estructuras de aprendizaje y métodos cooperativos en educación” (<Revista Española de Pedagogía>, 185, 1990); “La condición del éxito en la intervención pedagógica con niños en situación de riesgo: el programa success for all” (<Revista de Investigación Educativa>, 20, 1, 2002, con R.E. Slavin); “Cooperar para aprender en un mundo de ordenadores” (<Aula Abierta>, 79, 2002, con A. Rodríguez, E. Olveira e Mar Lorenzo). Tamén editou traballos en volumes colectivos como “La dimensión interactiva y el aprendizaje cooperativo como vía de educación intercultural”, en SANTOS REGO, M.A. (ed.): Teoría y práctica de la educación intercultural (Barcelona, PPU, 1994).