Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SANTOS YÁÑEZ, JOSÉ DE (A Pobra do Caramiñal, Século XIX)

Escribán do Concello da Pobra do Deán no ano 1826, puxo unha introdución histórica de sumo interese ao “Libro nuevo del ayuntamiento de la villa de la Puebla del Deán para sus actas y notas”, do que se conserva copia no Concello da Pobra. Comeza así esta introdución:

“Esta villa de la Puebla del Deán es el pueblo más antiguo de este partido de Postmarcos de avajo, trahe su etimologia de primer lugar poblado, y por esto se llamó Pobla, Proba, y hoy Puebla: según pública tradición fueron pescadores sus fundadores, cuya noticia es mui probable, y quasi evidente porque su puerto, y fondeadero es el más abrigado, y limpio de la ría de Arosa, y sus armas, o trofeo es una barca de antigua construcción como se ve en el cerquillo de la bóbeda dela capilla de Alba colocada en la Iglesia parroquial de Santiago de esta villa encima dela entrada, y en el mismo cerquillo al frente figuradas unas casas que significan el pueblo: está situada esta villa al naciente en el centro del partido de Postmarcos de avajo: su Iglesia es delas más antiguas del Arciprestazgo, pues su construcción es del siglo doce, y prueva su cavidad que en aquella época no era pequeño el pueblo: tiene Ayuntamiento desde el siglo quince como consta de algunas actas del libro antiguo de las constituciones dela ilustre Congregación, o capellanía dela puríssima Concepción de María Santísima, y otros de fundaciones pías:
El Ayuntamiento se compone de un Alcalde, dos regidores de tierra, y dos de mar, dos Diputados de abastos, y un procurador síndico general:
Llámase Puebla del Deán porque el dela Santa Iglesia Metropolitana de Santiago tuvo señorío en ella muchos siglos, a quien iban las propuestas de Alcalde y nombraba, y expedía el título a quien tenía por conbeniente...”

(Corriximos a acentuación e desfixemos as abreviaturas, mais non variamos a ortografía nin a morfoloxía do texto).

Aínda ofrece outros moitos datos históricos importantes esta introdución de Santos Yáñez, como por exemplo que a rúa principal da vila se compuxo en 1816, mentres que a campá da Igrexa de Santiago foi fundida en 1817 e que o rolo ou columna da vila estaba en San Lázaro, pero que xa desaparecera. Alude tamén ao traslado do convento da Miserela ao Xobre, a que o 6 de outubro de 1822 se uniron os dous concellos da vila, que se volveron a separar o 19 de xullo de 1823.
Resalta que a feira do Campo da secada se estableceu en 1799, e que a capela de Alba foi fundada en 1572, mentres que a capela de San Salvador, tamén no Deán, foi fundada por Juan Figueiro e foi feita en 1609, e a da Concepción en 1748. A de Xesús Nazareno foi construída a espensas do Cardeal Patiño en 1806, que non só custeou a capela, senón tamén a imaxe do Nazareno. En 1829 colocouse o altar da Virxe das Dores entres as de Xesús Nazareno e Alba a expensas de Jacobo González Figueroa, que tamén custeou a imaxe.

Engade tamén unha cronoloxía dos curas de Santiago do Deán, citando a Juan (...) Pinazas, Fernando Pillado, Juan Álvarez Collazo, Lope Logroño, Pedro Reino e outros, que ocuparon o cargo de 1540 a 1834.

De sumo interese son as súas anotacións sobre a visita á Pobra do arcebispo compostelán frei Rafael de Vélez, que chegou o 19 de xanerio de 1828 ao convento de Santo Antonio do Xobre e que predicou na igrexa do Deán o 20 do mesmo mes. O arcebispo estivo na Pobra ata o oito de febreiro dese ano e confirmou no convento do Xobre a todo o alciprestazgo. Desta visita partiu a orde arcebispal de que non se celebrasen dúas procesións do Corpus na vila o mesmo día, decidindo Vélez que rotosen as parroquias, comezando pola máis antiga.


O libro de actas, aparte de Santos Yáñez, engade aínda outra nota histórica curiosa pois transcribe un oficio de Fernández Varela ao concello, no que asegura que súa nai nacera na Torre de Bermúdez, e que descende do fundador da Capela de Alba.