Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SEIJAS FERNÁNDEZ, JULIO (Noia, 1937)

Na súa mocidade dirixiu en Noia a revista <Nao>, e colaborou en verso e prosa en xornais como <Faro de Vigo> e o santiagués <La Noche>.

Publicou o traballo “Guía histórico-turística” no volume, publicado conxuntamente con Fernando González Laxe, que se encargou do estudo socio-económico, Riveira: sus gentes, su economía (Santiago, Caja de Ahorros de Santiago, 1976), con prólogo de García Bayón, e Manual de la Seguridad Social del Mar.

En galego é autor do traballo “O cooperativismo en Castelao”.

Na obra Riveira: sus gentes, su economía, correspóndelle ao autor a parte titulada “Guía histórico-turística”, mentres que Fernando González Laxe asina o “Estudio socio-económico”. O volume leva un “Umbral” de Carlos García Bayón”.

Moitos dos seus artigos versaron sobre o anecdotario provocado polas corridas de touros de Noia, e entre eles poden citarse o titulado “En la corrida de novillos del año 1921, uno escapó de la plaza, sembrando el pánico en la villa” (<El Correo Gallego>, 24 – 04 – 1968).