Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

SUÁREZ LORENZO, MANUEL (Boiro, 02/12/1863 - Santiago, 1949)

Foi frade franciscano, autor do folleto Via Crucis viviente (1904) e da tradución do latín ao castelán da Historia compostelana o sea hechos de D. Diego Gelmírez primer arzobispo de Santiago (Santiago, Porto, 1950), con introdución de José Campelo.
Lector de Teoloxía en Santiago ata 1910 foi tamén definidor da Provincia franciscana entre 1896 e 1899, ademais de ser o bibliotecario do Convento de San Francisco de Compostela ata 1947.

Na revista <El Eco Franciscano> publicou traballos entre os que se poden citar: “La concha de la Catedral” (1918), “Descubrimiento de las reliquias del Apóstol Santiago en 1879” (1920, serie de artigos), “La cripta del Apóstol Santiago” (1922), “Autenticidad de las reliquias del Apóstol Santiago” (1922 – 1925, serie de artigos) e “Cronicón Iriense. Edición corregida y anotada” (1929 – 1930)