Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

TORRES DEL RÍO, JOAQUÍN (Porto do Son, 1945)

Licenciado en Filosofía e Letras, é profesor de Ensino Medio en Lugo dende 1979. Autor do volume O antigo pazo dos Caamaño de Nebra. Notas e gráficos para o seu estudio (Noia, Toxosoutos, 1997).A obra é un estudo detallado non só da arquitectura do pazo de Nebra en Porto do Son, senón tamén das construccións adxectivas da obra, tendo en conta ademais o contexto histórico e outros aspectos relacinados co edificio, todo isto acompañado de ilustracións de sumo interese.

No 2000 publicou o volume A toponimia do Concello de Porto do Son. Bases para unha sistematización (Noia, Toxosoutos), obra que aporta máis do que indica o seu título, pois se ben a primeira parte está dedicada á toponimia, a segunda parte titúlase “Hipótese sobre unha orixe céltica da Vila e Porto do Son”, mentres que a terceira trata “O despegue económico e urbanístico da Vila do Son a partir do século XV”.