Dicionario
de autores/as do Barbanza |
ALLEGUE MARTÍNEZ, RAMÓN (A Pobra do Caramiñal, 24/01/1934) Na súa xuventude destacou como xogador profesional
de fútbol, en equipos como o Celta de Vigo, o Deportivo da
Coruña e o Compostela. En 1999 publicou unha monumental novela, Las sandalias del apostol (Ames, Monterrey, pp. 766), que o autor subtitulou “Novela histórica”, subtítulo ao que debeu engadir “Novela piadosa”. O autor cre que o apóstolo chegou mesmo á Barbanza, segundo afirma nun artigo-entrevista a Albino Mallo. A obra tivo unha continuación en El camino del milenio, aparecida no ano 2000, ano no que tamén publicou a novela El mar de la muerte. |
|||||