Dicionario
de autores/as do Barbanza |
BOLAÑO PÉREZ TORRADO DEL RÍO, INOCENCIO PEDRO ANTONIO (A Pobra do Caramiñal, séculos XVIII – XIX) Sacerdote pobrense, posuidor dunha apreciable biblioteca, deixou inédito un poema relixioso datable na fin do século XVIII, que se conserva na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra, que aínda que non leva a súa sinatura, non hai dúbida sobre a autoría. Trátase de sete estrofas de sete versos heptasílabos, que como ben se aprecia é un xogo consciente co número sete. O título do poema é “Versos al Santísimo Sacramento", que reproducimos regularizando as maiúsculas e minúsculas, a ortografía e a acentuación. O poema remata cunha invocación relixiosa: “Viva / Jesús sacramentado / viva / y de todos sea amado”.
|
|||||