Dicionario
de autores/as do Barbanza |
GONZÁLEZ
DE VILLAMOURE, AMARO (Rianxo, século
XVI) Deixou manuscrita unha “Relación” que se conserva no arquivo parroquial de Leiro, de grande importancia histórica para coñecer os acontecementos da comarca na súa época, como é o caso de pestes, secas, a visita de Felipe II a Santiago e o seu coñecemento na comarca, entre outras moitas cousas. |
|||||