Dicionario
de autores/as do Barbanza |
GONZÁLEZ MONTENEGRO, JUAN (Noia, 17/02/1861 – Arxentina, ?) Emigrou á illa de Cuba en 1875 adicándose ao xornalismo, labor no que se integrou na redacción dos xornais <La Voz de Cuba>, <La Patria> e <El Asimilista>, tendo fundado o semanario ilustrado <El Duende>, o diario <La Nación> e o semanario <El Noticiero Ilustrado>, así como <El Brujo>, <El Combate> (Camajuani, Cuba), <La Tribuna> (Manzanilla, Cuba), <La Opinión Pública> (Santiago de Cuba). Publicou por entregas a obra El álbum de
un gerrillero, páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898
(A Coruña, 1899). Foi explorador e cando loitou en Cuba na guerra a prol das tropas españolas, foi un dos asinantes da Acta de Identificación do Cadáver do Libertador José Martí. Trala guerra marchara a Montevideo en 1899, capital dende a que enviou a súa serie de artigos para <La Voz de Galicia> “A través de Sud-América”. Pasou logo á Arxentina e nese país perdeuse a pista do seu destino. Participara na exploración do Gran Chaco. |
|||||