GUILLÁN
HERMO, ANTONIO (A Pobra do Caramiñal,
15/02/1900)
Mestre, natural do Xobre, fillo do mestre Antonio
Guillán Pazos, exerceru durante longo tempo na cidade de
Pontevedra e publicou os volumes Xuncos (1979) e O
libro do soños (1984), de linguaxe sinxela e ton narrativo.
A obra Xuncos (Vigo, autor, 1979), está dividido
en catro partes, dedicada a segunda delas á “Epopeia
de América”, contendo a terceira parte “As catro
caras do ano” e estando a cuarta en lingua castelá,
malia levar o título en galego, “Máis alá
do Quereño”.
Deste volume reproducimos o soneto “A reina”:
“A REINA”
Non importou a loita de Granada,
dos sabios desfavor, nin ter diñeiro.
Contra toda razón, foi o primeiro
o que, dando o que ten, n’arrisca nada.
¡Certeira decisión das horas graves
que fas famoso o feito en que te apoias!
Para a Reina, foi empeñar as xoias,
coma para Cortés queimar as naves.
Teréi, coida Isabel, o amor do pobo.
Terá mais honra Deus, coida o Abade.
Teréi ouro e poder, coida Cristobo.
I-estes os ventos son que infran as velas
con que a ilusión pon proa a inmensidade
e fan realidá tres carabelas.
Colaborou con poemas nalgunas revistas como <Mundo Gallego>
de Madrid (“Gaita galega”, nº 39, 1974).