Dicionario
de autores/as do Barbanza |
Mariñas González, Xenaro ( Portosín, Porto do Son, 15/09/1868 – A Coruña, 02/10/1938) Xornalista, dirixiu <La Coruña Risueña> e colaborou en revistas como <La Ilustración Gallega>, <A Nosa Terra>, <A Tía Catuxa>, <El Eco de Galicia> da Habana e <Aires da Miña Terra>. Aínda que publicou un número abundante de poemas na prensa, o seu labor máis meritorio foi o de narrador, sendo premiado no certame de Betanzos de 1887 co traballo “A moda”, publicado no xornal betanceiro <Las Mariñas>, e en 1895 foille premiado un conto no certame de Montoñedo, publicado na revista <Mondoñedo> en 1908, que leva por título “En busca dos cartos”, relato humorístico de estructura ben organizada. No número doce da revista <A Tía Catuxa> (11-01-1891) publicou o relato “Cousas do demo”, que Modesto Hermida califica como “boa mestura entre o acontecer nunha velada nocturna, arredor dunha lareira, e as vivencias oníricas que o autor protagoniza a posteriori”. Na revista <Aires d’a Miña Terra> publicou o relato “O vento” e en <La Ilustración Gallega> (nº20, 20-04-1912) publicou o relato “As fabas”. Deixou inédito o libro de poemas Lleidatanas, no que xa o título indica a relación entre o autor e a cidade catalana de Lleida, onde residiu varios anos e onde asina varios dos poemas que publicou en <A Nosa Terra>, todos popularizantes e cun forte contido humorístico como no caso do que reproducimos, publicado no número oito, o 25 de xaneiro de 1917:
Choran os velliños,
|
|||||