Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

MILLARES VÁZQUEZ, MANUEL (Noia, 09/02/1906)

Exiliado en Cuba trala Guerra Civil, pasou logo a Porto Rico, aínda que outros autores consideran que estaba xa emigrado en Cuba dende 1924. Importante narrador, autor das obras Hombres de paz en guerra (La Habana, Ucar, García e Cía., 1938), Chela y otros cuentos (Madrid, ed. Revista de Occidente, 1973) e Cuentos de mar y tierra ,(Madrid, s.d.). Da segunda destas obras aparecera xa unha edición na Habana, impresa por Ucar, García & Cia en 1934 co título Chela. Siete cuentos del Trópico. Foi autor tamén da novela Vidas fecundas, impresa en Madrid por Afrodisio Aguado en 1964.

Mentres estivo no exilio colaborou nas revistas cubanas <Pueblo>, <El Mundo> e <Carteles>. Fabeiro Gómez, na GEG, indica que Paul Roges incluiu un conto de Millares, “Razón de padre”, no seu Florilegio de cuentos hispanoamericanos.
Colaborou tamén con outros autores na tradución da Historia del mundo de William H. McNeill, editada en San Juan de Puerto Rico pola Editorial Universitaria en 1969. Sostivo correspondencia con importantes escritores, entre eles Unamuno, a quen adicara un artigo na prensa americana.