Dicionario
de autores/as do Barbanza |
MUÑOZ, ALONSO (A Pobra do Caramiñal. ? – San Diego, 1620) Aínda que non se coñece o seu lugar de nacemento, en 1592 residía no convento de San Antonio do Xobre, e por esas datas alistouse para a misión franciscana de Filipinas, onde estivo varios anos ata pasar en 1606 ao Xapón, onde acadou a confianza do emperador que o enviou como embaixador a México en 1610. Morreu na misión de San Diego, México, en 1620. Foi autor dunha Relación sobre as misións no Xapón, que está perdida. |
|||||