Dicionario
de autores/as do Barbanza |
SANTOS SUÁREZ, XESÚS (Rianxo, 28/09/1936) Natural de Asados, mestre de E.X.B. Colaborou en xornais como <La Noche>. Poeta, en 1987 publicou o volume Balada do vento na ría (Rianxo, C.C. Simón Varela). É autor tamén de ensaios como “Faustino Rey Romero: Obra poética e filosófica" (<Encrucillada>, 52, 1987), entre outros. Xesús Alonso Montero recolleu un poema de xuventude
de Santos Suárez, que permanecía inédito dende
1959, na obra Coroa poética para Castelao (1988),
que é o que reproducimos. LEMBRANDO A CASTELAO Alma pura e garimosa Da túa terra che botaron Alén daquel saudoso mar O estatuto de bandeira, Sendo puro pintor de almas, Chegará o tempo triunfal Mentres xusticia non fan, Tamén cultivou o teatro para rapaces do que é mostra a peza A fraga (des)animada (Vigo, Ir Indo, 1993), peza de contido ecoloxista en defensa da natureza, con personaxes como O Piñeiro vello, O Castiñeiro e O Eucalipto. Ademais de moitas voces na Gran Enclopedia Gallega dedicadas a personaxes do seu municipio, é coautor do volume Biografía de Arcos Moldes (Rianxo: apuntes dunha vila mariñeira) 1865 – 1944, (Rianxo, Concello, 1994). A Manuel Antonio dedicoulle o traballo “Manuel Antonio ita misa est” (en VV.AA: Manuel Antonio. Embarcados nun cantar, Vigo, A Nosa Terra, 1996). Dedicou tamén poemas a Manuel Antonio, Faustino Rey Romero, Rafael Dieste, Castelao, Brea Segade e Xosé Comoxo, que recolleu no seu único volume poético. En 1999 publicou unha peza teatral para rapaces titulada Os amigos de Martiño (Vigo, Ir Indo), ilustrada por Jorge Álvarez. Xa no ano 2000 apareceu o seu volume Un ronsel de estrelas, en edición de autor, que contén unha peza teatral adicada a Manuel Antonio, baseándose en Eduardo Dieste, así como correspondencia inédita do poeta. Entre os seus traballos de interese cómpre citar: “Rosalía no Espolón e Macías no Xardín” (1972), “Unha marea con Manuel Antonio. Canto en catro tempos” (1979), “Apuntes para una Historia Arosana. Amaro González, famoso cura de Leiro” (1972), “Faustino Rey Romero. Su vida y su obra” (1975), “Responso lírico ó mar e ó vento: Rosalía e Rey Romero” (1976), “Historia de las regatas en la Ría de Arousa” (1984) e “O derradeiro lance, en memoria de Rafael Dieste” (<Grial>, nº 72). Hai que engadir o titulado “Ramón Fernández Mato e Castelao, aventuras e desventuras dun político republicano”, no volume colectivo, Lembrando a Ramón Fernández Mato, coordinado por María Luísa López Otero (Boiro, Concello de Boiro, 2004). |
|||||