Barbantia, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo, convídante á presentación do suplemento cultural número 91 de A Voz de Barbantia e mais á presentación do último Premio García Barros 2013:
A LÚA DA COLLEITA
de Anxos Sumai
Intervirán, amais da autora, os escritores Uxía Casal, Iria Lago, Antón Riveiro Coello; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.
O acto terá lugar o venres, 31 de xaneiro de 2014, ás 20:30 hrs. no Auditorio de Rianxo.
No mesmo acto terá lugar a intervención pictórica de Noel Pérez Fungueiriño e a participación musical de Israel Figueirido.