Que erotismo supuraban aqueles beixos. O pracer das linguas movéndose acompasadas no interior das bocas, sen control de sabor, sen plans de futuro. Os latexos batÃan nas tapas do peito, incontrolábeis, rabudos, cheos de fervor. Os amores dunha noite son os que fan retorcerse á mente, ferver o estómago, suar as mans. Non eran ninguén sen o oculto daquela paixón compartida. As miradas delatábanos, pero simular serÃa rachar coa necesidade. EspertarÃan pensando no doce da noite etÃlica, no harmónico son das voces febles, saloucando polo baixo as verbas que fóra das sabas semellan absurdas, e no tacto dos corpos espidos e contrariados polo abandono matutino. GustarÃan ter almorzado a intimidade de arrolos, mais afeitos ao dilema, compartÃan o exoterismo dos bicos nocturnos, que á mañá debÃan permanecer cravados nas pupilas de atracción, encubertos. Desexo: aquilo propasaba os lÃmites do moral admitido, e adquirido mesmo para eles. A loucura ao penetrárense coas xemas dos dedos no excitábel da pel, de xeada nerviosa, experimentando un intercambio de favores avivados.
Ela miraba a través da xanela, calada, escoitaba a respiración profunda, preto do seu busto esférico, de medidas perfectas para el. AmencÃa con rapidez no tempo, non se detiña, avanzaba a zancadas estrepitosas. Pero ela deixábase gabar polo brazo que a suxeitaba tendido no seu abdome, inamovÃbel e pesado, pero estimulante. Arroupada, protexida, amada. PosuÃa a fórmula alquimista do tempo: aqueles eran momentos dourados. E que era o tempo senón filóns de ledicia espallados en cada recuncho da saudade que empregarÃa cando se sentise soa? O tempo era pensar nel e ser muller, o tempo non era senón recordos doutros tempos; o tempo era seu, deles os dous. El abriu os ollos, e por uns intres observou aquel torso moreno, cheo de reflexos da alba, e creu por un momento seguir estando durmido. Aquel corpo parecÃalle o máis fermoso adecuado ao seu gusto. Non era o mellor corpo, nin sequera un dos mellores, pero era o máis fermoso de cantas mulleres tivera probado. El xa pasara a adolescencia, xa a deixara tras de si moito antes, era un home con experiencia. Tiña estado con outras mulleres, maiores ca aquela, con corpos cheos de curvas mellor moldeadas, que salvagardaban baixo o brazo teorÃa que levar á práctica ficticiamente, demasiado cálculo no artificio desprendido en cada movemento para intentar gustar, que a el lle servÃan para contentalo unha noite, si, pero que non o anestesiaban, non lograban suplir a falta de naturalidade e sutileza que aquela púbere namorada, sen dúbida, podÃa expresar. Era aquela forma de entregarse…Por iso era ela a raÃña da aldraxe que o tornaba tolo, polas redondeces das coxas, polo recendo suave da virxindade e a súa expansiva autoridade, e pola paixón sincera que, inconscientemente cega polo goce, se manifestaba nos seus xestos faciais ao pouco, e que el almacenaba na memoria coma fotografÃas que mirar cando a botara en falta. Ela, sabÃao, e sentirse desexada non podÃa compararse con ningún outro sentir.
Noites organizadas de igual maneira que aquela, xa tiñan compartido moitas: paseos nocturnos pola beira do mar entre sorrisos, coqueteos e insinuacións; bailes ás tantas en discotecas e bares, exhibindo a relación que á mañá debÃa ser ocultada, alternando con outras parellas que nunca descubrirán se estarÃan na súa mesma situación; sesións de cine ás escuras, sos, naquela sala de dimensións apropiadas para que a penumbra fixese de celestina e preparase o desexo…; pero sempre remataban apertados o un contra o outro naquela habitación de motel até o dÃa seguinte, até a hora do xantar, cando ela, apresurada, collÃa o urbano cara a casa, e el, na súa moto, escapaba para a súa.
Mais a distancia fÃsica non era un impedimento para que seguiran extasiados na mesma ilusión imposÃbel… É máis, era este espazo o que os unÃa, levábaos a artellar novas estratexias para poder vérense sen que ninguén percibira ningunha referencia ao compartido, sabÃan que ser curmáns e amárense, eran termos conflitivos.
Por iso, ás seis da mañá naquel xuño despreocupado onde os dous se desentendÃan das obrigas, onde nin do traballo, nin da escola, nin da familia, ou dos amigos querÃan saber, evadÃndose das responsabilidades, seguÃan a compartir cachiños de corpo, seducÃndose, mesturando fluÃdos…e zasss! Desapareceu tamén a conciencia, ben agochadiña na caixa de profilácticos desbotada, picadiña, precipitada polo desenfreo xenital que os levou ao derradeiro e finalista naufraxio: comezou a era do feto, sen aviso, sen descubrilo a tempo, rien à faire. Comezou o seu declive persoal.
Eventos
« Outubro 2024 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11* BarbantiaRte IX_Inauguración ás 8:30 pm 12* BarbantiaRte IX_Mesa redonda ás 12:30 pm 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Axenda deKieran O'Shea
Próximos eventos:
- Outubro 11, 2024