(Nel Vidal Barral)
O conto dunha vida faino cada un
se pode, se lle deixan
se atende á desorde como delicia
como pracer que ispe a cabeza
esa cabeza que apoio na almofada
e inventa tolerÃas. U-la razón?
Preciso de compaña e métome en min.
Incansable vou máis alá.
Sumo fantasÃas e aparezo eu
nesa harmonÃa feita con discordancias.
A harmonÃa é o boureo arrÃtmico da vida
a imprecisión de cada quen
a desorixe de cada can.
Abro a fiestra que me amosa o mundo que non hai
pero que eu vexo.
As cousas pasan porque pasan.
Vivir é ver.
Vivo (porque vexo) o que pasa (porque pasa)
no mundo que non hai (pero que eu vexo).
Non sei.