AUTOR
Fred Uhlman naceu en Stuttgart, no 1901. Viviu a súa nenez e mocidade entre as paisaxes da Selva negra e o lago Constanza, nunha Alemaña que pasou da experiencia democrática da República de Weimar a contemplar o ascenso imparable de Hitler e o nazismo. Xudeu e avogado comprometido co socialismo, Uhlman tivo que enfrontar a partir de 1933 un exilio que o levou a Francia, España e, finalmente, Londres, onde se dedicou intensamente á pintura e aos seus escritos autobiográficos. Finou en Londres, no 1985.
ARGUMENTO
Hans Schwarz, alemán, é un rapaz normal que acode á escola a principios de século. Fillo dun importante médico xudeu, neto e bisneto de rabinos, a pesar de levarse ben cos compañeiros de clase, sente unha necesidade afectiva que o leva na procura dun verdadeiro amigo. Un dÃa, ao igual que os seus compañeiros, vese sobrecollido pola chegada dun novo rapaz, Konradin, fillo do conde von Hohenfels, unha saga lendaria de homes valorosos e patrióticos. Konradin sorprende aos seus compañeiros pola súa compostura, e son varios os que intentan facerse amigos del. Malia os intentos dos demais rapaces, Konradin acaba achegándose a Hans, e xuntos viven unha fermosa historia de amizade. Cando todo semellaba perfecto, comezan a facerse visibles lacras que fan que Hans empece a dubidar da sinceridade do seu amigo, Konradin, pois a súa nai era polaca cun odio implacable aos xudeus. Logo prodúcese o ascenso definitivo de Hitler ao poder que afecta inevitabelmente á súa amizade. Mais, a pesar de todo, a amizade é un valor igual de importante para os dous e a fin desta historia é unha clara mostra da fe que un amigo merece.
IDEAS CENTRAIS
As devastadoras consecuencias dunha ideoloxÃa antisemita e intolerante son perfectamente palpábeis nesta obra. A dor pola incomprensión e a non aceptación social por ser un mesmo reflÃctense na historia dos protagonistas, que se ve truncada por factores externos dos que non poden escapar, pois forman parte directa do seu entorno e, dalgún xeito, tamén deles mesmos.
A amizade toma un valor especial nestas circunstancias adversas. Se xa no protagonista este valor toma un relevo especial, tendo unha concepción case mÃstica deste tipo de relacións, á final do libro toma unha relevancia especial, coa sorpresa desexada polo protagonista e que sobrecolle ao lector, aÃnda sendo un segredo a voces se se analiza a relación que houbera entre ambos rapaces.
ASPECTOS LITERARIOS
A novela “Reencontro” é, sobre todo, unha historia de amizade. Versa sobre a esperanza nun tempo de desesperación, a confianza nun tempo de temor, primando a realidade dun amigo verdadeiro sobre calquera diferenza. A narración en primeira persoa, acompañada de fermosas e inocentes reflexións sobre a sinceridade dunha amizade verdadeira e a súa importancia, fan que o lector sinta empatÃa polo protagonista, chegando a sentir o mesmo ca el. A perspectiva inocente que o rapaz mantén en todo momento fai que o lector se compadeza da inocencia duns dezaseis anos que se truncarán para sempre.
A narración é lineal, asà preséntanse unha serie ordenada de procesos a través dos cales se van definindo protagonistas e o seu futuro.
Todo isto fai que o lector vaia viaxando polo mundo dos sentimentos frustrados polo entorno incomprensivo dunha Alemaña intolerante que estaba apoiando un nacionalsocialismo emerxente. AsÃ, a novela convértese nunha lectura obrigada para calquera persoa pola súa forma, polo seu contido e, sobre todo, polo seu sorprendente e á vez fascinante final.