namentres o Mediterráneo varre as sete sentencias
sobre as bágoas que limpan o horizonte
o prometido futuro do esquecemento,
o enterro da nosa gloria devanceira.
Nace un novo pacto
que xoga aos inventores de linguas
e vai derretendo as esperanzas
que se gardan baixo chave,
latentes en cada segredo galego.
Cravos de engano selan as armas
e bican eminencias alleas,
gustan dela só cinco veces
malia ser auga da mesma fonte.
(Benvid@s á eminencia da hipocrisÃa)
Facer con ela do engano unha arte,
da mentira un don, dos risos laios,
e os beizos romperán para sempre
o bico nado hai máis de cinco séculos.
Perdéronse fillos, morreron irmáns,
laiáronse xuntos, apertándose forte,
selados coma os berros fixos na noite
que a sombra vermella agocha
baixo un sol que xa non ilumina
a liberdade con ás ennegrecidas.
A puberdade madura nun berce
que debuxa o engaiolo da inocencia;
na rúa a orquestra xa non toca
o fol que esmorece no alpendre
sedento do aire que arrastre os medos
dispondo os peitos altos;
cantando: fogar de Breogán.