O venres 29 de setembro, ás 20’30 h., no Auditorio de Ribeira, Barbantia presentou o seu suplemento cultural A Voz de Barbantia e mais a última novela de Suso de Toro, HOME SEN NOME. Acompañaron ao autor, Ramón Ares, Delegado da Voz de Galicia no Barbanza, Luciano Fernández, concelleiro de Cultura de Ribeira, e mais os socios de Barbantia Xerardo AgraFoxo e Suso Laíño, que mantiveron unha conversa co autor da novela. Tamén se anunciaron novas actividades da asociación para o outono.
Eventos
« Decembro 2025 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Axenda deKieran O'Shea