Literatura e Guerra Civil na IV Semana da Cultura de Boiro

Semana da Cultura Actual de Boiro 2006

IV SEMANA DA CULTURA GALEGA ACTUAL
“LITERATURA E GUERRA CIVIL”

Días 19, 20 e 21 de Outubro
Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (Boiro)

Xoves 19 de Outubro
20’00 h.
Inauguración das xornadas a cargo de Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xerardo Piñeiro, concelleiro de Cultura e mais Alberto Piñeiro, membro de Barbantia e coordinador das xornadas.
Actuación Musical de Carme Tubío (Celo).
Presentación do libro editado por Barbantia e mais o Concello de Boiro “UN RÍO DE SANGUE E TINTA”, de Pastor Rodríguez e Román Arén, no que están catalogadas todas as obras narrativas galegas sobre a Guerra Civil.
Mesa Redonda: “Literatura da Guerra Civil na posguerra e no exilio”, con Xosé Luís Axeitos Agrelo, Claudio Rodríguez Fer, Xesús Laíño e Pastor Rodríguez, que actuará coma moderador.
21’30 h (Centro Social)
Inauguración da exposición de pintura “Voces na Guerra”, de F. Blanco Alcaide, feita ex professo para ilustrar o libro do mesmo nome que edita Barbantia.

Venres 20 de Outubro
20’30 h.
Actuación musical de Gabriel Riveiro “Belito” (Acordeón)
Mesa Redonda: “A guerra na ollada do escritor”, con Xavier Alcalá, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro e Dolores Vilavedra, que actuará coma moderadora.

Sábado 21 de Outubro
12,30 h.
Actuación musical de Francisco Javier España (Saxo)
Presentación do libro editado por Barbantia e mais o Concello de Boiro “VOCES NA GUERRA”, un conxunto de relatos nos que 19 autores sitúan os seus textos no Barbanza e na época da Guerra Civil.
Peche da Semana
Eva Veiga, poeta, Xosé Deira Triñanes, alcalde de Boiro e Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia.

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.