Barbantia presenta en Rianxo OS HEMISFERIOS, de María do Cebreiro


O Concello da Rianxo, a editorial Galaxia, Barbantia e La Voz de Galicia, presentaron o libro de poemas Os hemisferios, da escritora María do Cebreiro, así como un novo número do suplemento cultural A voz de Barbantia,

O acto contou coa participación de Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo; Xosé R. Losada, secretario de Barbantia; Paulino Vázquez, escritor, e mais a autora do libro, e tivo lugar o venres 26 de xaneiro, ás 20’30 h., na Casa Cuartel de Rianxo.

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.