Recital de Nova Barbantia en Boiro e participación no II Encontro Luso-Galaico no Son

minerva
O venres 30 de marzo, ás 21 horas, na sala de exposicións do Centro Social de Boiro, Nova Barbantia, en colaboración co Proxecto Leñaverde e co Concello de Boiro, organizou unha xuntanza poético-literaria coa participación das novas voces femininas da A. C. Barbantia. No acto presentouse o libro Debuxo cos dedos liñas invisíbeis, que recolle os gañadores dos XXXIV Premios Literarios “Minerva”, certame no que Íria Gestoso Ríos, poeta de Nova Barbantia, resultou gañadora no apartado de poesía. Acompañaron a Íria, nun recitado poético, Ana Redondo, María Loureiro e Charo López. Así mesmo, presentouse un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.
luso1
II Encontro Luso-Galaico “Aromar”
Sábado 31 de marzo ás 12 horas, na Casa de Cultura de Porto do Son

– Intervención do escritor Antonio Miranda Chaves sobre os poetas José Afonso e António Aleixo.
– Nuno Castelo falou sobre a rexión de Chaves na poesía.
-Jorge Aires interpretou temas de José Afonso e música popular.
– Carlos Mosteiro Fraga, vicepresidente de Barbantia, falou sobre a Literatura Infantil e xuvenil galega.
– Rematou o acto coa actuación da Banda de Música Tradicional SUEVIA.

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.