
O concello de Boiro, Barbantia e La Voz de Galicia, celebraron A FESTA DAS LETRAS coas seguintes presentacións:
“As voces de María Mariño” Libro Cd editado por La Voz de Galicia.
“Retrato dunha vida” Creación audiovisual de Suso Xogaina.
“Versos que comezan” Iniciativa de Barbantia na rede, homenaxe á poeta.
“Verba do tempo” Espectáculo do grupo Ouriol: voz de Eva Veiga,
música de Bernardo Martínez e Fito Ares, iluminación e escenografía de Alfonso Costa.
O acto contou coa participación da actriz Rebeca Montero; Xosé Deira Triñanes, alcalde de Boiro; Tucho Calvo, escritor e xornalista de La Voz de Galicia; Antón R. Gallardo, historiador; Xerardo AgraFoxo, biógrafo da poeta e Adolfo Muíños, coordinador de Novas Tecnoloxías de Barbantia, e tivo lugar o mércores 16 de maio, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Ramón Martínez López”, de Boiro.