A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Ateneo Valle-Inclán presentan o libro Monólogo do Calígrafo, de Baldo Ramos, nunha edición artesanal da Colección Bourel, que dirixe Antonio Piñeiro. O acto terá lugar o vindeiro venres 29 de febreiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (enriba do Bar Plaza), e contará coa presenza de Baldo Ramos e mais de Antonio Piñeiro. Así mesmo, presentarase un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.
Eventos
« Maio 2025 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30* Esconxuros para un rei ás 8:30 pm 31 Axenda deKieran O'Shea
