A autora do Premio Xerais 2009, Rosa Aneiros, con Barbantia en Lousame

A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Lousame, o xornal La Voz De Galicia e Edicións Xerais presentan un novo número do tradicional suplemento cultural de finais de cada mes A Voz De Barbantia, así como a presentación do libro Sol de Inverno de Rosa Aneiros, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2009.

O acto contará coa intervención da autora Rosa Aneiros, Agustín Agra, escritor e socio de Barbantia; Fran Alonso, en representación de Xerais; Santiago Freire, alcalde de Lousame; Teresa villaverde, Concelleira de cultura de Lousame e Xefa Territorial da Consellería de Educación. Terá lugar o venres, 30 de outubro, ás 20,30 h. na casa da cultura de Lousame.

A autora, Rosa Aneiros

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia, Sen tema. Garda a ligazón permanente.