A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Porto do Son convidan á presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2010, así como á entrega dos Premios Barbantia da Cultura, actos que terán lugar na Casa da Cultura de Porto do Son, o venres 3 de decembro, ás 20:30 horas, e nos que estarán presentes os socios de Barbantia Manuel Cartea e Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Ramón Quintáns; o alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Santamaría; e mais a responsable da área de cultura da Deputación da Coruña, Caridad González. A entrada é libre e gratuíta para socios e non socios.
Velaquí os premiados cos sirenos de bronce:
PREMIO BARBANTIA 2010 Á TRAXECTORIA CULTURAL NO BARBANZA:
Pepe Romero (músico e gaiteiro).
PREMIO BARBANTIA 2010 Á INICIATIVA CULTURAL NO BARBANZA:
Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística.
PREMIO BARBANTIA DA CULTURA GALEGA 2010:
Andrés Torres Queiruga (teólogo).
